Benvido/a ao Buscador de Economía e Empresa

da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña.

Este BUSCADOR é unha plataforma educativa creada por un equipo de profesores e profesoras do centro e conta coa colaboración do equipo técnico da Biblioteca. Pretende facilitarlle ao noso alumnado e a calquera usuario interesado na procura de información sobre ECONOMÍA E EMPRESA. Pode utilizarse tamén como canle de acceso aos recursos da BIBLIOTECA da facultade.

En definitiva, esta ferramenta pretende formar e favorecer os hábitos de busca do usuario, familiarizalo co uso dos recursos informáticos dispoñibles, tanto na UDC como en internet.

A base de datos que sostén O BUSCADOR contén información relevante, aínda que obviamente o seu alcance é limitado. Esta información pódese consultar clasificada por CATEGORÍAS, ou ben introducindo unha palabra ou unha cadea de palabras en BUSCA. A vixente versión do BUSCADOR realiza as procuras nos textos do título do recurso e mais na súa descrición. As listaxes de recursos obtidos clasifícanse segundo catro niveis de ponderación, de máis a menos importantes, e dentro de cada cada nivel se sitúan por orde alfabética do título do recurso. Como criterio xeral as descricións fanse en español ou en galego. Nas páxinas estranxeiras a descrición adoita estar no idioma orixinal

O BUSCADOR de ECONOMÍA e EMPRESA está concibido como un espazo dinámico, no cal o usuario pode participar introducindo nova información, rexistrándose previamente. Esta información quedará almacenada á espera da súa validación polo administrador. Logo de ser aceptada, pasará a integrar o corpo de información do BUSCADOR.